O Ex Comisario de Vilagarcía, Enrique León, participará na mesa de debate: «Ficción versus realidade. Falemos de crimes», xunto ao Xuíz Vázquez Taín, o escritor Pedro Feijoo. Modera a mesa Miguel Losada.
Enrique León Calviño (Verín 1 de agosto de 1944 ). Ex Comisario de Policia e Membro da Fund. Galega contra o Narcotráfico. Conferencia só para os Centros de Ensino, Venres 21 ás 12h. A súa carreira profesional na policía nacional, que comeza nos anos setenta en Barcelona, estivo marcada polo seu segundo destino en Vilagarcía, onde foi o gran protagonista na loita no contrabando de tabaco e despois no narcotráfico, moito antes da gran operación antidroga, Operación Nécora, liderada polo maxistrado Baltasar Garzón, Luciano Varela e o fiscal antidroga Javier Zaragoza. En 1995 ascendeu a comisario xefe, e en 1999 asumiu a xefatura da brigada da Unidade de Drogas e Crime Organizado de Galicia. En 2001 foi destinado como comisario en Santiago de Compostela, onde permaneceu ata 2006. No ano 2007, presentouse coma candidato do PSdeG-PSOE en Vilagarcía, sendo elixido coma alcalde co apoio do BNG, máis o seu mandato foi efémero, dado que a xunta electoral revogou o seu nombramento, por cuestións legais sobre incompatibilidades da policía e cargos público. Deste xeito, renunciou a súa acta de concelleiro o 9 de xullo de 2007. Converteuse nunha figura televisiva da man da serie “Fariña”, emitida pola canle de televisión española Antena 3, e inspirada no libro que leva o mesmo nome, da editorial Ediciones del KO, no que o actor Tristán Ulloa interpretaba a persoaxe “Dario Castro” inspirada en Enrique León Calviño. Podedes ver a entrevista de Tristán Ulloa a Enrique León no seguinte link: https://www.atresplayer.com/antena3/s…