• Inicio
  • Programa
  • Entradas IV Xornadas N-N
  • Colalaboradores
  • Contacto
Fernando Serrulla Rech , presentará á Médica Forense Iria del Río Tajes.
27/11/2019
Mesa Redonda dirixida por Rafael Cid, Director Centro Territorial de RTVE GALICIA
26/10/2021

Enrique León Calviño (Verín 1 de agosto de 1944 ). Ex Comisario de Policia e Membro da Fund. Galega contra o Narcotráfico.
Conferencia só para os Centros de Ensino, Venres 21 ás 12h.

A súa carreira profesional na policía nacional, que comeza nos anos setenta en Barcelona, estivo marcada polo seu segundo destino en Vilagarcía, onde foi o gran protagonista na loita no contrabando de tabaco e despois no narcotráfico, moito antes da gran operación antidroga, Operación Nécora, liderada polo maxistrado Baltasar Garzón, Luciano Varela e o fiscal antidroga Javier Zaragoza.

En 1995 ascendeu a comisario xefe, e en 1999 asumiu a xefatura da brigada da Unidade de Drogas e Crime Organizado de Galicia. En 2001 foi destinado como comisario en Santiago de Compostela, onde permaneceu ata 2006.

No ano 2007, presentouse coma candidato do PSdeG-PSOE en Vilagarcía, sendo elixido coma alcalde co apoio do BNG, máis o seu mandato foi efémero, dado que a xunta electoral revogou o seu nombramento, por cuestións legais sobre incompatibilidades da policía e cargos público. Deste xeito, renunciou a súa acta de concelleiro o 9 de xullo de 2007.

Converteuse nunha figura televisiva da man da serie “Fariña”, emitida pola canle de televisión española Antena 3, e inspirada no libro que leva o mesmo nome, da editorial Ediciones del KO, no que o actor Tristán Ulloa interpretaba a persoaxe “Dario Castro” inspirada en Enrique León Calviño.

Podedes ver a entrevista de Tristán Ulloa a Enrique León no seguinte link:

https://www.atresplayer.com/antena3/series/farina/clips/tristan-ulloa-entrevista-al-comisario-enrique-leon_5ae34b67986b2898b32823ff/

Publicacións relacionadas

29/10/2021

“COMO SE DESTRÚE UNHA NOVELA NEGRA”. Conferencia Arantza Portabales.


Ler máis
29/10/2021

Xuíz Vázquez Taín. Coordinador e Presentador das IV Xornadas de Novela Negra.


Ler máis
29/10/2021

“ENIGMAS, MISTERIOS E RAREZAS NO PRADO E NO MUNDO DA ARTE”. Conferencia de Alejandro Corral.


Ler máis

Links de interese

  • Concello de Verín
  • Biblioteca Pública Municipal de Verín
  • Hemeroteca "Ler o pasado"
  • Organizadores


    Contacto

    BIBLIOTECA PÚBLICA DE VERÍN


    +34 (988) 413624
    biblioteca@verin.gal


    © 2019 Novela Negra por Biblioteca de Verín. Todos os dereitos reservados. Creado y Deseñado por: Imaxinamais Estudio Diseño Creativo