ONDE PODO COMPRALAS?

As entradas para as IV Xornadas de Novela Negra: «Personaxes de Novela», podes compralas na Biblioteca Pública do Concello de Verín a partir do día 10 de Xaneiro de 2022.

Os días das Xornadas, o 21 e 22 de Xaneiro, tamén podes retiralas no propio AUDITORIO DO CONCELLO DE VERÍN.

Indicar que é necesario unha entrada para cada día.

PREZO

As entradas teñen un prezo de 2 Euros, importe que destinarase integramente ás Actividades de Fomento á Lectura, Voluntariado Cultural e o Fondo Bibliotecario.

Unha vez retirada a entrada, e feito o pagamento da mesma, NON cabe devolución algunha, salvo a suspensión das IV Xornadas de Novela Negra: “Personaxes de Novela”, debendo ser realizada a devolución na propia Tesourería do Concello de Verín, depositando a entrada en cuestión, salvo acordo contrario da Xunta de Goberno Local.

Todas as condicións do cobro das entradas das IV Xornadas de Novela Negra «Personaxes de Novela», están recollidas no Expediente 4033/2021 do Ilmo. Concello de Verín e foi aprobada a proposta en Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 22-11-2021.